XOSÉ LOIS FOXO
Director e Fundador da Real Banda de Gaitas

Xosé Lois Foxo, na compaña de D. Juan Carlos I, Rei de España.

  • Xosé Lois Foxo Rivas naceo en Romeor de Caurel (Lugo) o día 12 de outubro  de 1950. Estudiou humanidades, filosofía e teoloxía no Seminario Conciliar de Lugo, diplomándose en “Ciencias eclesiásticas”. Neste centro formou parte de Schola Cantorum como gaiteiro e clarinetista, recibindo o maxisterio musical do mestre Castiñeira, continuador da gran herencia de Juan Montes. No Seminario de Lugo crea o grupo Toxos e Xestas, co que recorre varios países de Europa nos albores dos anos setenta.

    Despois do paso polo Seminario, Xosé Lois Foxo trasládase a Barcelona para continuar os seus estudos, licenciándose en traducción e interpretación en alemán e inglés pola Universidade Autónoma, ao mesmo tempo que funda a Escola de Gaitas e Danzas Toxos e Xestas na que estudiaron e estudian os segredos da gaita miles de alumnos.

    No curso 1985-86 faise cargo da incipiente Escola de Gaitas da Deputación de Ourense a que, ao longo dos anos, chegou a todos os concellos desta provincia, Galicia así como en distintos puntos do Mundo. Actualmente seguen a metodoloxía de Xosé Lois Foxo para o estudo da gaita galega miles de alumnos en calqueira lugar do planeta.

    Como froito artístico da Escola Provincial de Gaitas debemos destacar a creación de máis dun cento de bandas de gaitas na provincia de Ourense e en outros puntos da xeografía galega, así como en centros galegos da emigración.

    A Universidade Autónoma de Barcelona e a de Wisconsin (USA)  publicaron nas súas webs sendos traballos de investigación de Xosé Lois Foxo sobre técnicas  de traducción e música celta, respectivamente.

    Sen dúbida a súa obra máis destacada  é a creación da Real Banda de Gaitas, título concedido polas Súas Maxestades os Reis de España, Don Juan Carlos I e Dona Sofía, en recoñecemento ó labor de difusión de Galicia e España polo Mundo. Xosé Lois Foxo foi condecorado por múltiples institucións: dende o Vaticano ata o Goberno de Galicia. Coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense tén recorrido os cinco continentes e gravou 25 traballos audiovisuais.

    Como compositor realizou  un fecundo traballo  de obras de raíz galega, nembargantes, o seu labor primordial é o ensino e promoción da gaita como instrumento representativo de Galicia e soporte da súa música ao longo dos séculos. Destas obras podemos destacar: Gallaecia, composta con motivo da primeira toma de posesión do Presidente Fraga, sendo interpretada por cinco mil gaiteiros na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela,  Muiñeira de Wojtyla,  Muiñeira da Infanta Elena, Muiñeira da Infanta Cristina, Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia “Felipe de Borbón” e un largo etc. Foi condecorado repetidamente por distintas institucións como a Serenísima Orden da Alquitara de Portomarín, Enxebre Orde da Vieira de Madrid, Gran Noite de Galicia en Barcelona, Cabaleiro da Orde do Albariño, Grande do Caurel, Lucense do ano 2006, medalla de prata da Xunta de Galicia, medalla da Cidade do Vaticano, distinción das entidades galegas en Catalunya, Insignia de Ouro da Federación Limiar 2013, distinción "Gallegos del año 2014", fillo predilecto de Arnado de Oencia, Comendador do cocido galego do Centro Galicia en Ponferrada 2015, Medalla de Ouro da Unión Mundial de Folklore-2017, (I.G.F. Gold Star), Distinción dos Amigos da Cultura Celta-2017.

    O seu labor no eido da recolleita e publicación de música étnica así como traducción de artigos científicos é salientable. É creador e fundador do Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, organizador e creador da Xuntanza Internacional de Gaiteiros,  Campeonato da Liga Galega de Bandas de Gaitas, Filandón de Músicas do Caurel así como de moitas outras actividades encamiñadas á promoción da música galega.

    Entre as súas publicacións podemos destacar as seguintes:

    • Os Segredos da Gaita (na súa séptima edición foi traducido ao castelán, inglés, alemán, francés e xaponés).
    • Anuario da Gaita 31 volumes.
    • Músicas do Caurel 3 volumes,
    • Os Louceiriños.
    • Cantares da Tía Antonia de Atás.
    •  Cantares da Terra das Frieiras.
    •  Museo Internacional de Cornamusas.
    •  Cantares da Cega do Covelo.
    •  Gran Rapsodia de Aires Populares de Galicia “Felipe de Borbón”.
    •  Cancioneiro das Terras do Riós.
    •  Die Sachpfeife-La Gaita. Fritz Schneider. Traducción do alemán.
    •  Os últimos brindeiros de Forgas.
    • The Celtic Legacy of the gaita in galician music.
    • Cantares de Barro de Arén de Manuela Cortizo Medal.
    • Cancioneiro Oencia e Contorna.
    • Cancioneiro Antropolóximo Quiroga, Ribas do Sil e Montañas do Lor
    • Escola e Real Banda de Gaitas 1985-2016

    O arquivo bibliográfico e audiovisual da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense alberga os traballos realizados por Xosé Lois Foxo.