MÚSICA

PEZAS EN REAL AUDIO

As catro pezas seleccionadas para esta sección forman parte do disco da Real Banda de Gaitas, "O Camiño".
Para a sú reproducción a través de Internet atópanse en formato Real Audio, polo que cumpre baixar un programa de libre distribución.

Aires Populares de Galicia
Suite de melodías populares galegas: "Vexo Vigo-Vexo Cangas". "Moreniña por te vere", "Foliada de Tenorio", "A raíz do toxo verde", "O quer que lle quer" e "Muiñeira Popular". Todos estos temas populares entroncados e interpretados maxistralmente pola Real Banda con gaitas en Si bemol, Fa agudo e Fa grave e percusión, constitúen unha evocación ao sentir musical de Galicia que nos achega a súa paisaxe e as súas xentes como algo moi presente.

Xacobeo 99
A pluma do profesor Manuel Muñiz plasmou para a posterioridade nesta obra, que fai referencia á celebración do ano Xacobeo 99, en tres ritmos diferentes "in crescendo" (Vals, Psodobre e Muiñeira) toda a emotividade e enxebreza da música popular de Galicia. Está interpretada con gaitas en Si bemol e percusión.

Saudo ao Príncipe (saudo de percusión
O día 20 de Setembro de 1998 o príncipe D. Felipe de Borbón visitaba a provincia de Ourense. No Pazo de Vilamarín foi recibido pola Real Banda aos sons deste Saudo de Tambores.

Hino do Antergo Reino de Galicia (Marcha dos Pelegríns)
Recoñecido oficialmente como o hino instrumental de Galicia é unha das melodías das que a súa autoría se perde na tradición popular. Foi executada corrientemente polos gaiteiros das cofradías procesionais ao longo dos séculos. Denominada, asemade, Marcha Solemne do Antergo Reino de Galicia ou Marcha dos Pelegríns, xa que soaba con frecuencia na chegada das xsentes vidas de toda Europa perto do Apóstolo en Compostela. Esta obra instrumental está interpretada por gaitas en tres tonalidades e percusión.