O Museo da Gaita é unha das dependencias máis salientables da Escola Provincial de Gaitas de Ourense. A exposición de exemplares históricos, exóticos e a grande variedade dos instrumentos que se atopan en exposición fan desta mostra permanente un dos máis valiosos centros de estudio deste senlleiro instrumento que ó longo do tempo uníu culturas moi diversas. |