LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

8.- PORTAMENTO E TRINO.

Portamento
Consiste en esbarar dunha nota a outra ou pasando por varias sen deixar puntos brancos entre elas. Normalmente faise dunha nota inferior a outra superior. Este recurso non é empregado polos gaiteiros clásicos galegos. Semella de aparición recente e por influencia de outras culturas musicais. Indícase xunguindo as notas por unha liña.

EXERCICIO CON PORTAMENTOS


Notas de paso ou grupetos
As notas de paso ou grupetos fórmanse por unha ou varias notas rápidas que rodean á principal. Son ascendentes cando van de abaixo a arriba e descendentes no caso contrario. A diferencia dos outros adornos que sempre anteceden á nota principal, os grupetos poden antecedela ou seguila; denominando anteriores aos primeiros e posteriores aos segundos.

EXERCICIO NOTAS DE PASO


Trino
Trino é o ornamento resultante de executar alternativa e rapidamente a nota principal e maila a auxiliar superior por todo o valor da primeira. Deberá iniciarse con un picado. Formas de representar o trino


Vibracións ou venteo
É un dos adornos máis característicos da gaita galega. Normalmente non se reflexa na escritura musical este enxebre adorno, xa que o seu emprego depende das posibilidades e gustos de cada gaiteiro.

Cómo conseguilo
Tal como a mesma verba o indica, a vibración ou venteo acadámola por medio da vibración (oscilación ) dos dedos, preferentemente da man dereita, sobor dos buratos despechados. A oscilación dos dedos tén que ser moi rápida, pero cun mínimo recorrido no vaivén dos dedos. Moi poucos son os gaiteiros que posúen o arte do venteo na gaita en toda-las súas posibilidades. Consideramos parfo artísticamente mover o punteiro a fin de conseguir o venteo das notas na gaita, o que, sen dúbida, mostra unha gran carencia de dixitación. Mellor será non vibrar que facelo mal. Tóda-las notas da gaita poden ser venteadas, pero dun xeito primordial a tónica do punteiro, é dicir, o Re de ambas octavas; neste caso as vibracións deberán ser exercidas por medio do meiniño da man dereita. Ben escaso é o porcentaxe de gaiteiros que logran unha perfecta vibración co meiniño; pero, abofé que é un dos grandes segredos do gaiteiro. Gran mestre de gaiteiros, particularmente, no apartado do venteo, podemos considerar ao Gaiteiro de Soutelo, que aínda, por sorte, nos é posible escoitar a súa engaiolante grabación da Muiñeira de Chantada.


Voltar ó Índice