LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

7.- BATEMENTO E BATEMENTO SIMPLE.

Batemento - Mordente Simple
Interprétase do mesmo xeito que o picado mordente simple pero en lugar de estar precedido de un picado estará por un batemento.

EXERCICIO CON BATEMENTO MORDENTE SIMPLE


Picado Batemento
Interprétase efectuando un picado sobre a nota principal seguido dun batemento.

EXERCICIO CON PICADO BATEMENTO


Doble picado-mordente
Consiste en efectuar dous picados consecutivos con distintos dedos sobre a nota principal seguido do movemento do dedo inmediato superior, segundo se reflexa no seguinte exemplo. Este ornamento deberá realizarse con gran rapidez, sen embargo, o proceso de aprendizaxe debe iniciarse lentamente.




Doble picado-batemento
Execútase do mesmo xeito que o doble picado mordente, pero realizando un batemento inmediatamente despois dos dous picados iniciais.

EXERCICIO CON DOBLE PICADO BATEMENTO




Voltar ó Índice