LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

6.- ADORNOS OU FROLEOS, APOIATURAS, MORDENTES E PICADOS.

ADORNOS OU FROLEOS
Denomínanse adornos aquelas notas, que sen ser parte esencial da melodía, contribúen a embellecela. Estes ornamentos estarán representados na escritura do mesmo xeito que os picados, é dicir, por medio de pequenas notas, normalmente fusas, sempre coas plicas para baixo. Os ornamentos acadan esencial importancia na liña melódica das pezas de gaita. Ninguén pon en dúbida o seu emprego, sendo absolutamente indispensables. Dan vida ás notas principais, engadindo expresión e énfase. Loxicamente deberán ser empregadas nos lugares convenientes, non esquencendo que unha das grandes virtudes de afamados gaiteiros foi precisamente a parquedade no seu emprego. As notas de adorno non teñen valor asignado dentro do compás, tomando o seu valor da nota anterior ou posterior.

APOIATURAS
Denominamos apoiatura a unha notiña que antecede á principal e ocupa o grado superior ou inferior, recibindo a denominación de superior ou inferior segundo a súa situación. Tén especial emprego a apoiatura do Do sostenido sobre a tónica do punteiro, que os gaiteiros de forma inconscente introducen. Execútase con un movemento moi rápido do dedo superior ou inferior á nota principal. En ocasións desempeña o papel de picado ou batemento.



MORDENTES DE DÚAS NOTAS
Os mordentes de dúas notas, co perfecto equivalente da gaita escocesa "Doublings", constitúen un dos ornamentos máis característicos da gaita galega. Consiste en doblar a nota principal con un movemento rápido do dedo superior, acadando as dúas notas que se pretenden.

EXERCICIO CON MORDENTES DE DUAS NOTAS


PICADO-MORDENTE SIMPLE
Interprétase do mesmo xeito que o mordente de dúas notas pero estando sempre precedido dun picado por medio do dedo que se indica. Constitúe un xeito de separación de notas iguais.

Loxicamente a rapidez será o mellor camiño para interpretalo con limpeza. Este ornamento ten gran arraigo no xeito interpretativo tradicional en Galicia.

EXERCICIO CON PICADO-MORDENTE SIMPLE


Voltar ó Índice