LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

5.- GAITAS TRANSPOSITORAS E NON TRANSPOSITORAS - TONO DE AFINACIÓN

Gaitas transpositoras e non transpositoras
Na familia das gaitas ao igual que acontece noutros instrumentos de vento, constrúense diversos tipos con unha única diferencia esencial que consiste nas distintas dimensións dos tubos sonoros. Loxicamente, debido a esta diferencia, o mesmo burato, ronco, ronqueta ou chillón produce en cada tipo de gaita un son de distinta altura.

Convenientemente, por razóns prácticas de execución, mantemos o mesmo nome de nota para cada burato do punteiro, aínda que sexan en distintas tonalidades.

Do anteriormente exposto concluimos que únicamente a gaita en tonalidade de RE pode ser considerada como instrumento «non transpositor», xa que o nome dado ás notas corresponde ao sonido real que se obtén.

As restantes tonalidades de gaitas incluímolas nos «instrumentos transpositores», dado que o son non corresponde ao nome que damos ás notas.

Tono de afinación da gaita
É o correspondente á nota que realmente emitimos cando executamos na gaita a nota que chamamos RE; polo tanto se ó tocar a devandita nota o son resultante é un DO, dicimos que a gaita está afinada en DO (nestes casos tomaremos como referencia o piano) ; se o son resultante fora un Si bemol no piano, entenderíamos que esa gaita está en tono de Si bemol, etc.

SISTEMAS DE ESCRITURA PARA GAITA GALEGA
As veces podemos encontrar partituras escritas no sistema de «DO», polo que a continuación expoñemos ambos sistemas de escritura coa súa equivalencia. Temos que matizar que ambos sistemas son perfectamente válidos para expresar a música de gaita.


Voltar ó Índice