LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

3.- ENCOL DA MORFOLOXÍA DA GAITA
A partires de mediados do século XIII temos evidencias claras da evolución morfolóxica da gaita usada no noroeste peninsular. As primeiras manifestacións plásticas do instrumento mostran a gaita sen roncón, é dicir, formada unicamente polo fol, o punteiro e soprete. Esta forma sería, entón, o concepto da gaita na súa orixe, coas súas pequenas variantes; segundo se pode observar na representación que ilustra a portada deste tratado. Durante a segunda metade do século XIII e XIV a gaita aparecerá indistintamente con ou sen bordón; nembargantes, o emprego do mesmo irá consolidándose ao longo dos sécuÍos de forma definitiva: inicialmente en forma abocinada e posteriormente en forma de copa. Aínda que a gaita característica do noroeste da Península Ibérica mantiña un só bordón, excepcionalmente poderá observarse o emprego dun segundo bordón a carón do principal. Algúns gaiteiros da segunda metade do século XIX empregaron un chillón como apoio ao punteiro, emerxendo a carón diste.

Posteriormente, ben entrado o século XX aparecerá a ronqueta pola parte dianteira do instrumento, de reducido tamaño en relación ao segundo bordón que aparecía na gaita en tempos pasados.


Gaita común

Gaita marcial

Actualmente temos distintas versións do instrumento:
  • Gaita común-tradicional. Está formada por fol, punteiro, ronco e soprete.
  • Gaita con ronqueta. Engade aparte dos anteriores elementos unha pequena ronqueta frontal.
  • Gaita con ronqueta e chillón. Engade un pequeno chillón frontal.
  • Gaita de banda ou marcial. Inclúe ronco ou bordón baixo, bordón tenor e bordón alto sobre o hombreiro do gaiteiro, mantendo os demáis elementos da gaita común-tradicional.


    Partes da Gaita:
    1.Punteiro
    2.Fol
    3.Ronco ou Roncón
    a)Copa
    b)Segunda
    c)Prima
    4. Ronqueta
    5. Chillón, Chión ou Pión
    6. Soprete
    7. Farrapos
    8. Desaugue (en foles de goma)
    9. Buxa do Punteiro
    10. Borlas


  • Voltar ó Índice