LECCIÓNS BÁSICAS DA GAITA
TODO O TEMARIO QUE FIGURA NESTA PÁXINA FOI EXTRAIDO DO LIBRO "OS SEGREDOS DA GAITA", DE XOSÉ LOIS FOXO - DIRECTOR DA ESCOLA DE GAITAS DA EXCMA. DEPUTACIÓN DE OURENSE.

3.- A POSTURA DO GAITEIRO - BANDAS DE GAITAS
Máis que ningún outro instrumento, a gaita préstase para adoitar múltiples quedas á hora de tocala. Aínda que a súa posición sobre o gaiteiro non incida no son, certamente xoga un papel importante na imaxe do gaiteiro. Os hábitos antiestéticos a cotío agárranse no inicio. Dos típicos defectos podemos nomear:

Inchar a faciana, situar o soprete na esquina da boca, inclinar a cabeza para diante ou ao lado, (neste caso debe coidarse que a largura do soprete sexa adecuada), punteiro excesivamente torcido para calqueira lado, inadecuada situación do fol baixo o brazo. O instrumento debe levarse dun xeito natural e cómodo. Aconsellamos ensaiar fronte dun espello.


Avelino Cachafeiro,
gaiteiro de Soutelo de Montes.
(1898-1972).


0 gaiteiro manterá a cabeza ergueita con expresión de grandeza e dignidade inherente á profesión de gaiteiro. Do xeito de situar o fol derívase, en parte, a estética do gaiteiro; xogando asemade un factor decisivo a distribución dos tubos sonoros do instrumento. 0 ronco da gaita endexamais quedará completamente paralelo ó chan, aínda que esta fora unha queda que nos. últimos. tempos. aparecía xeralizada como consecuencia do formato da gaita. A inclinación que o ronco deberá manter respeto ao hombreiro depende dos gustos de cada gaiteiro, nembargantes, entendemos que esta inclinación non deberá exceder dos 10 grados da vertical.

Bandas de Gaitas
Loxicamente a gaita nas bandas aparece nun contexto ben diferenciado do gaiteiro solo, ou en grupo. O gaiteiro en banda deberá adoitar unha postura que colabore á uniformidade do conxunto, inspirado na disciplina de imaxe da banda. Polo tanto, son improcedentes os movementos individuais, tan típicos de grupos Rock. Tódolos movementos deberán estar orientados a dar imaxe do conxunto harmónico. A marcha nas bandas esixirá unha técnica especial. Os pes deberán pousarse firmemente e no correcto momento. Pisar dúas veces nos compases de 2/4 e 6/8; tres veces no de 3/4 e catro veces no de 4/4.

Os movementos ao marchar deberán de ser completamente naturais. Unha banda de Gaitas non deberá marchar en ningún caso de forma semellante ás militares, senón dunha forma máis pausada e semellándose ao andar normal. O tempo de marcha deberá estar en torno a 80 ou 90 pisadas por minuto*. Non se deberá andar a tiróns ou de xeito ríxido, doblar os xeonllos, golpear o chan; pretendendo especialmente acadar unha marcha natural e confortable.

* Tempo metronómico


Voltar ó Índice